Bonifacio VIII, papa Índice Orixes | Papado | Véxase tamén | Menú de navegacióneRexistro de Bonifacio VIII. A Indición do Ano Santo de 1300eWorldCat23416912ADV102206838418712128117z1877766a10473312caetbcnp01875334ID18088170011170118513257ITICCURMLV21129boniface_viii_pape0000 0001 2124 2007n79056773js200201150353586328007033371842043w6wh2vqk029716721500332133Traballa nel
PapasNados en 1235Finados en 1303Nados na provincia de Frosinone
Anagni1235Roma11 de outubro1303PapaIgrexa católica12941303DanteinfernoFilipe IV de FranciaCaetaniTodiBolognaParísDereito CanónicoMartiño IV1291Nicolás IVCelestino Vcastelo de Fumore1282vísperas sicilianasreino de Nápolesreino de Aragón1295Xaime II de AragónPaz de AnagniCórsegaSardeñaAnjouFederico II1301PamiersFranciaBernardo de SaissetPierre de Flote1 de novembro130218 de novembro12 de marzo1303LouvresimoníaGuillerme de Nogaret7 de setembroatentado de AnagniGuillerme de NogaretSciarra ColonnaColexio cardenalicioAnagni1300ano xacobeo12981303Universidade de La SapienzaSan Malaquíassimoníacorrupción
Bonifacio VIII, papa
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Bonifacio VIII, papa | |
---|---|
Bonifacio VIII | |
Nome completo | Benedetto Caetani |
Nacemento | 1235 |
Anagni | |
Falecemento | 11 de outubro de 1303 |
Roma | |
Causa | Veleno |
Soterrado | Vatican Grotto |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | Universidade de Boloña |
Ocupación | clérigo e sacerdote católico |
Período | 1294 a 1303 |
Coñecido/a por | ser o papa n° 193 da igrexa católica |
Organización | Igrexa católica |
Cargos | Bispo de Roma |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Bonifacio VIII, nado co nome de Benedetto Gaetani en Anagni cara ao 1235 e finado en Roma o 11 de outubro de 1303, foi o Papa nº 193 da Igrexa católica de 1294 a 1303. Na actualidade é recordado en boa medida polas súas loitas con Dante, que na Divina Comedia o colocou nun círculo do inferno xunto co rei Filipe IV de Francia.
Índice
1 Orixes
2 Papado
2.1 O problema siciliano
2.2 Enfrontamento con Filipe IV de Francia
2.3 Atentado de Anagni
2.4 Outras actuacións
3 Véxase tamén
3.1 Ligazóns externas
Orixes |
Procedía dunha familia nobre, os Caetani. Estudou en Todi, Bologna e París, especializándose en Dereito Canónico. Tras rematar os estudos iniciou a súa carreira no seo da Igrexa como cóengo en varias sés episcopais, até que Martiño IV o nomeou cardeal diácono de San Nicolás, cargo que ocupou até que en 1291. Nicolás IV nomeouno cardeal presbítero de San Silvestre e San Martiño. Ocupou este cargo até que foi elixido Papa o 24 de decembro de 1294, trala renuncia de Celestino V que el mesmo alentara.
Papado |
O seu primeiro acto como pontífice, temeroso de que trala figura do dimisionario Celestino V se iniciase un cisma na Igrexa, foi ordenar o seu encarceramento no castelo de Fumore, propiedade da súa familia, onde permaneceu até que morreu.
O problema siciliano |
Inmediatamente interviu no problema siciliano que, desde os sucesos de 1282 coñecidos como vísperas sicilianas, enfrontaba o reino de Nápoles co reino de Aragón. En 1295 Bonifacio logrou que Xaime II de Aragón firmase a Paz de Anagni, pola que renunciaba a calquera dereito sobre Sicilia a cambio dos feudos de Córsega e Sardeña. Pero os sicilianos rebeláronse contra un acordo que supuña o retorno da dinastía Anjou, e nomearon rei ao irmán de Xaime II, Federico II, que exercera até ese momento o cargo de gobernador da illa. O Papa asumiu este primeiro fracaso político coroando a Federico.
Enfrontamento con Filipe IV de Francia |
O enfrontamento iniciouse cando o rei francés, necesitado de recursos económicos pola guerra que mantiña con Inglaterra, pretendeu facer tributar ao clero francés. O Papa respondeu o 25 de febreiro de 1296 coa bula Clericis laicos, pola que prohibía o cobro de taxas ao clero por parte dos poderes políticos sen o consentimento papal. Esta bula foi ignorada por Filipe, que contestou emitindo unha serie de edictos polos que se prohibía, tanto a laicos como a eclesiásticos, a exportación de produtos a Roma, obrigando a Bonifacio a firmar un acordo recoñecendo ao rei francés a potestade de fixar tributos ao clero en casos de extrema necesidade e sen contar cunha autorización previa do pontífice.
O entendemento entre Bonifacio e Filipe foi moi breve, pois en 1301 tivo lugar un novo enfrontamento coa creación do bispado de Pamiers, no sur de Francia, ao nomear como bispo a Bernardo de Saisset. Filipe, incómodo co designado, acusouno de alta traizón e encarcerouno.
Filipe intentou obter o desaforo por parte do papa, pero Bonifacio, na bula Ausculta fili ("Escoita, fillo"), reprobou o rei francés por non ter en conta a bula Clericis laicos e por non obedecer ao bispo de Roma. En Francia a bula foi queimada, e en lugar da Ausculta Fili circulou inmediatamente unha bula falsificada (probablemente obra de Pierre de Flote). As súas cinco ou seis liñas altaneiras pensáronse para incluír unha coidadosa frase: Scire te volumnus quod in spiritualibus et temporalibus nobis subes ("queremos que saibas que es o noso súbdito tanto nos asuntos espirituais como nos temporais"). Amais, engadiuse que quen o negase era un herexe (o que era odioso para o neto de San Luís).
Posteriormente convocouse a Filipe e o episcopado francés a un concilio a celebrar en Roma o 1 de novembro de 1302 co fin de definir de modo definitivo a relación entre o poder temporal e a Igrexa. O rei prohibiu a asistencia ao concilio, que finalmente se celebrou sen a asistencia dos franceses, e que deu lugar o 18 de novembro de 1302 á publicación da bula Unam sanctam, na que se expuña a doutrina dun sistema xerárquico con supremacía pontificia afirmando que os dous gobernos, o espiritual e o temporal, pertencen á Igrexa.
A reacción de Filipe IV foi a convocatoria, o 12 de marzo de 1303, dunha asemblea no Louvre. Tras acusar a Bonifacio VIII de herexía e simonía, decidiuse o seu procesamento, encargando ao conselleiro Guillerme de Nogaret a súa captura e traslado a París. Cando o Papa recibiu a noticia das intencións de Filipe, preparou a Supra Petri solio, unha nova bula de excomuñón, que non foi promulgada por falta de tempo, pois o 7 de setembro de 1303 tivo lugar o atentado de Anagni.
Atentado de Anagni |
- Artigo principal: Atentado de Anagni.
En base a ese dominio universal do Papa, o rei francés debía ser excomungado en Anagni o día da Natividade de María de 1303, e os seus súbditos declarados exentos do xuramento de fidelidade. Guillerme de Nogaret, que se encontraba en Italia coa intención de apresar o Papa, e Sciarra Colonna, inimigo acérrimo de Bonifacio, contando co apoio da alta burguesía de Anagni e de parte do Colexio cardenalicio, asaltaron o palacío papal de Anagni onde se encontraba o Papa por ser a súa residencia de verán. Bonifacio VIII esperou os seus agresores sentado nun trono e revestido de todas as vestimentas do seu rango e os atributos de poder. En tal circunstancia, Sciarra Colonna, deulle unha labazada ao Papa tras ameazalo de morte. Durante tres días quedou en mans dos conxurados, sufrindo todo tipo de inxurias, incluídas as de tipo físico, até que o pobo de Anagni se sublevou na súa defensa, obrigando aos captores a liberalo.
Outras actuacións |
Se ben é posible considerar o seu pontificado coma un fracaso no plano político, tivo noutras facetas actuacións destacadas, como o establecemento en 1300, do primeiro ano xacobeo, ou a publicación en 1298 do Liber sextus, unha recompilación de textos legais eclesiásticos. En 1303 fundou a Universidade de La Sapienza.
As profecías de San Malaquías refírense a este papa como Ex undarum benedictione (Da bendición das ondas), facendo referencia tanto ao seu nome de pila, Benedetto, como ao feito de que no escudo de armas da súa familia aparecen unhas ondas.
Na Divina Comedia Nicolás III confunde a Dante con Bonifacio VIII no cerco dos simoníacos. Isto é unha alusión de Dante a que ese é o castigo que lle espera ao pontífice por ceder á fraqueza da simonía. Dicíase por entón que Bonifacio VIII obtivera o papado por medio da corrupción e que se resarciu economicamente cos bens da igrexa.
Véxase tamén |
Ligazóns externas |
Rexistro de Bonifacio VIII. A Indición do Ano Santo de 1300 (en castelán).
Predecesor: Celestino V | Papa 1294 – 1303 | Sucesor: Bieito XI |
|
|
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Categorías:
- Papas
- Nados en 1235
- Finados en 1303
- Nados na provincia de Frosinone
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.932","walltime":"1.078","ppvisitednodes":"value":3964,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":115364,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1697,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":23,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":24,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 910.050 1 -total"," 51.53% 468.967 1 Modelo:Biografía"," 50.61% 460.589 1 Modelo:Infobox"," 45.20% 411.315 28 Modelo:Propiedade"," 35.85% 326.216 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 5.72% 52.025 1 Modelo:Sen_referencias"," 5.15% 46.899 1 Modelo:Ifsubst"," 4.76% 43.282 1 Modelo:Ambox"," 4.10% 37.314 1 Modelo:Papas"," 3.59% 32.712 1 Modelo:Navbox"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.661","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5736064,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1302","timestamp":"20190408133907","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Bonifacio VIII, papa","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Bonifacio_VIII,_papa","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q134646","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q134646","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2006-03-02T15:09:03Z","dateModified":"2018-08-22T14:06:06Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/1/1c/Bonifatius_VIII_Grabstatue.JPG"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":178,"wgHostname":"mw1263"););